Botón Encántame

Revolución nas redes sociais! Facebook vai lanzar un novo botón para que deas a túa opinión sobre unha entrada, unha foto, un material… O botón Encántame. “Non podemos seguir por máis tempo limitándonos a ese querido botón Gústame, porque hai cousas que provocan en nós entusiasmo e non abonda con Gústame, quereriamos clickar Gústame tres ou catro veces, coma quen marca 4-5 estrelas de puntuación noutros sitios, pero iso require meditar unha fracción de segundo a ver cantas lle poño, catro ou cinco? Realmente eu poríalle 4 pero para compensar aos detractores poreille 5─ e así, coa inclusión dese novo botón Encántame, evitamos deternos na reflexión. Por breve que for. A incidencia deste botón non é nimia, pois para rexistrar a información dunha cualificación máis sobre os eventos dispoñibles para cada conta, deberemos facer unha ampliación moi significativa dos nosos servidores pero farémolo con gusto. Encantados”.

Vale, si, non é certo. De momento. Pero está na súa liña superpositiva. Gústame. Encántame. E xa logo viría o botón MorroPorIso ou MellorImposíbel, pero sei que non vai ser, sobre todo con eses nomes. Que nome de botón lle porías ti? SuperMáximoAbsoluto? Para que logo non se poida premer, non por que non estea activo, senón porque non haberá cousa que mereza tal opinión. Pero só pola súa posibilidade, non sería bonito que Facebook se enchera deses botóns? Unha soa pulsación de SuperMáximoAbsoluto  equivalería a un billón de Gústame. Bua! Ou a un trillón?

Volvendo ao tema, eu estrearía o botón Encántame na nova de que Zuckerberg quere protexer a súa privacidade e mercou as casas que rodean a súa. E que ten graza a cousa. Vou tuitear isto :)

Publicacións creadas 123

Artigos relacionados

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio