Eva e Lucy

Eva e Lucy

 

Ciencia, maxia, relixión. De que xeito nos explicamos o mundo? Con que mestura de relatos damos sentido ás existencias? As mulleres protagonistas de Eva e Lucy amosan e agochan as súas estratexias para vivir, para loitar por un lugar no mundo, para acougar a dor.

Andar, facer, falar. Camiños na evolución e camiños en Compostela. Migracións e peregrinacións, sendas que nos conduciron ás palabras e outras que nos fixeron calar. Un debullar nas biografías de antecesores próximos e remotos, unha pescuda da construción da identidade. E o seu esboroar.

‘Eva e Lucy’ nos medios