Á busca da orixe perdida das especies
Nunha viaxe polo vasto océano da memoria, Cris Pavón percorre diferentes camiños para rescatas aquelas lembranzas esquecidas que deixaron unha grande pegada nas súas personaxes.
Nos cinco relatos que conforman “Á busca da orixe perdida das espeices” a autora reflexiona sobre un tempo agochado no fondo da consciencia. Se en “Sara e os años” e en “culler culler culler” remóntase á infancia cos descacougos de frustrantes experiencias vividas no seo famililiar, en “Máquina Proust” acada un tempo futuro no que os adiantos tecnolóxicos conseguen facilitar os máis arelados recordos ao xeito dunha memoria involuntaria. “O pomo da porta do paraíso era unha castaña” reflicte o medo á perda da inocencia e un primeiro desengano que vai perdurar ao longo da existencia. E como maduro corolario que da nome á obra, en “Á busca da orixe perdida das especies” xoga a establecer paralelismos entre a vida e pensamento do naturalista Charles Darwin e os do escritor Marcel Proust, ambos os dous fornecedores de claridade sobre a nosa condición humana, na que tempo e memoria xogan un papel crucial.
Deixémonos mergullar nestes relatos onde a memoria, por fin, atopa o que buscaba.
Premio Carvalho Calero de Narrativa 2014, publicada por Edicións Laiovento
Reseñas de “Á busca da orixe perdida das especies” .