Iníciase a conta atrás para a publicación de Limiar de conciencia. A conta iniciouse antes, claro, pero só dicimos en alto a partir do dez, senón faise pesado. Xa que logo,

10

Pódese crer que hai 10 anos empecei a escribir esta novela? Crédeo. Remateina hai 5, e seica me levou tanto tempo escribila como publicala. Weno, estritamente levaríame máis tempo o de publicala, que podería tender a infinito se non lle puxera eu remedio. É que ten unha que facelo todo!

Xa que estamos na conta atrás, cómpre contar cousas de atrás, dos anos que pasaron dende aquel 2002 en que empecei a darlle forma ao rodopío que tiña na cabeza?

Igual si, pero vai ser que non.

Non aquí, polo menos.

Aquí só contar números en alto.

En base 10.

E da novela, vou contar algo?

Pouco. Espera ao día 6 de novembro e xa a poderás ler.

De que vai?

A novela vai de máquinas. De máquinas que contan en binario, si, pero que tamén contan historias.

Tamén hai xente, non se preocupen. Se cadra, coma os androides de Allien IV, algunhas máquinas semellan máis humanas cos mesmos humanos. Pero só as da última xeración. Xa verán.