Archivo de la categoría: reseñasangue12

Sangue 12 en Biblos, Revista Galega de Información Literaria

Sangue 12 en Biblos. Clube de Lectores. Revista Galega de Información Literaria, nº 69 (xullo-agosto 2014)

O crítico Ramón Nicolás inclúe a novela Sangue 12 nas súas recomendacións de lectura para este verán:

Sangue 12, de Cris Pavón (Urco Editora). Pavón é unha autora da que cómpre seguirlle a pista pois intúo que vai posicionándose con orixinalidade e paso firme na narrativa de hoxe. Esta novela, a cabalo entre o real e o fantástico e co motivo da identidade de fondo, así o testemuña.”