Archivo de la categoría: presentacion sangue 12

Presentación de Sangue 12

PresentacionSamgue12

A semana pasada presentamos a miña novela Sangue 12, publicada por Urco Editora, na Feira do Libro de Vigo, que remata hoxe. Houbo amigos e colegas aos que lles agradecemos a súa asistencia e participación. E seica hai sorpresa entre algúns dos que van lendo a novela pola presenza de algo tan cotiá (ou para maior precisión, tan mensual) como é o sangue menstrual. Semella que malia o título, e ter protagonistas femininas, non era tan obvio. Veña, non se asusten -ou si- que non é para tanto, son cousas de xénero (vampírico :)

Sangue12_2formatos

 

Sangue 12 na Feira do Libro de Vigo

O vindeiro sábado 24 ás 20 h. na Feira do Libro de Vigo, preséntase a miña novela Sangue 12, publicada por Urco Editora no selo Alcaian. Estaremos o editor David Cortizo e máis eu, e todxs xs que queirades achegarvos aló malia así amosar un sospeitoso desinterese polo fúrbol.

Sangue 12 é unha fábula vampírica que conxuga fíos de feminismo, tecnoloxía e literatura para tecer a historia do delongado transo adolescente da protagonista, unha rapaza que asume os propios devezos e constrúe unha identidade vista como aberrante polos demais.

Os séculos XIX e XXI, coa primeira revolución industrial e o ciber-arestora, únense neste texto de feitura ‘bizarra’, dacabalo entre Galicia e Inglaterra, onde se mestura o real e o fantástico, onde o soño da razón produce monstros.

Anímate a meterlle o dente!