LdC

Limiar de conciencia

LdC

 

 

 

Descargar LdC

Sobre LdC 

 A miña primeira novela, finalista do Premio Xerais Narrativa 2009 e do Premio García Barros ‘Ken Keirades’ 2010.

Sinopse.

Ano 2062. LIDIA, unha máquina lingüística que realiza traballos de tradución, sofre unha avaría no sistema de comunicacións e queda illada. Nos seus logs diarios informa dos procedementos realizados para a diagnose desa avaría e, tras uns primeiros días de desconcerto, trata de artellar mediante unha narración unha explicación a súa situación, unha reconstrución da súa historia.

Os reiterados fracasos no seu intento de restablecer as comunicacións fan que dirixa o seu traballo cara á tarefa narrativa. No seu relato perfílase un protagonista, Diego, quen ha xogar un papel esencial no desenvolvemento das máquinas lingüísticas. Diego ten unha disfunción neurolóxica que lle impide despregar unha conduta emocional comparabel á da maioría. É un autista altamente funcional que atopa na computación o seu hábitat ideal.

Sen esperanza xa de establecer comunicación e coa subministración enerxética moi limitada, LIDIA intenta contra o reloxo atopar, narrar, unha explicación ao que ocorre.

Entradas con reseñas de LdC