Limiar de conciencia (1)

1

Probo con editoriais de aquí e acolá, pero non teño sorte. Tradúzoa ao castelán, probo nun par de concursos que admiten os textos en documento electrónico. Nastic. Estou xa case decidida a publicala eu en ebook pero antes, veña, vouno intentar co Blanco Amor 2011!

E mira ti por onde, aí tamén levo unha sorpresa. Non polo fallo do concurso, claro, senón polo estado dos exemplares que pido que me devolvan. Abro o paquete, collo un volume, ábroo, miro se ten algo anotado, algunha mancha, que sei eu… pero nada, está impoluto. Tampouco é raro. Pero collo outro, ábroo, e non só está inmaculado senón que lle caen os confettis dos buraquiños polos que entrou a espiral da encadernación, as follas están xuntas nas perforacións, o tomo está sen abrir, tal como saíu da fotocopiadora e o metín na caixa. Alguén do xurado non o leu, supoño.

E repito a operación cos catro volumes restantes quedo abraiada -é que son naïf perdida, desculpen-. Cinco dos seis exemplares non foron, xa non digo lidos, nin folleados, senón nin sequera abertos. A todos lles cae o confetti, todos teñen grupiños de follas pegadas de pasar pola perforadora e quedaren así, intactos dende aquela. Virxes de lectura.

Manda truco.

 

 

Publicacións creadas 123

Artigos relacionados

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio