2

Preséntoa logo ao García Barros 2010, e queda finalista tamén.  Chamo á editorial que publica o premio -Galaxia- por ver se quererán publicala. Teño o pracer de falar un bo pedazo con C.L. que si leu a novela, gostou dela, ten moitas cousas que dicirme verbo dela e faime suxestións moi atinadas, ao meu ver -cousa que puiden corroborar ao recibir de volta os exemplares, un deles con moitas anotacións-.  No intre non me pode dicir se a editorial a publicará ou non, pero logo dun par de días chámame -chámame!!!- e dime que non.

O resultado pode parecer o mesmo -imítalle, sen dúbida- pero chegar a el por vieiros tan diferentes faino ben distinto.

Pode parecer estraño, pero algunhas agradecemos que haxa xente que saiba dicir non. Máis agradeceriamos que souberan dicir si, verdade, pero sabiamos que non ía ser doado.