Limiar de conciencia (3)

3

… e quedo finalista do Xerais 2009. Dinme que quedei 2-3 coa gañadora, que é unha novela super-orixinal, anovadora, potente, que a van publicar … e finalmente non a publican. Pero hoxe non estou de humor para me estender sobre este episodio.

Mellor contar o que tivo de bo, que foi coñecer a Ana Bande, membro do xurado do premio, lectora apaixonada, muller xenerosa, espírito libre.

Pedínlle que escribira algo para presentar a novela e, como non, fíxoo. Podedes lelo nesta ligazón. Grazas Ana, es un sol.