Limiar de conciencia (9)

9

O día que dei con LIDIA, ese día foi o auténtico comezo.

Abondaba xa de dar voltas e pretender ter todo claro, tiña que empezar a contalo dalgún xeito, e entón asomou LIDIA. Era tan obvio que aquela historia a tiña que contar unha máquina que me sorprendeu non o ter pensado antes. Sen parar de teclear o que LIDIA contaba -non podía deixala esluír logo de atopala- pensei que non me decatara antes porque deica esa tarde non sentara coa nidia decisión de empezar a narración de verdade, non a escribir as notas e ocorrencias que me asaltaban decontino.

Só sabía algo do que LIDIA ía contar, fragmentos por xuntar e aos que dar sentido, mais o feito de ser ela a narradora xa pechaba a historia, guiaba a narración, e con ese fío podía entrar nese sitio descoñecido que me chamaba.

Antes só escribira relatos, vinte páxinas os máis longos, moitas menos a meirande parte. E o relato dunha viaxe. Agora non sabía a extensión da historia, nin en páxinas nin en tempo. Só tiña a vontade de facela, como for. E o seu sabor.

Publicacións creadas 123

Artigos relacionados

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio