Bestiario (II)

Merlo branco.

Non pode ser, pero é. Ten azos para dicir as cousas claras, intelixencia para velas, enerxía para seguir aí, coa honestidade como motor. E avergoñar aos que teñen máis recursos, máis medios (ai TVG!), máis intereses agachados que defender. E sen andar a ler apuntamentos antes de responder calquera pregunta, porque leva as respostas esenciais na cabeza e no corazón. E fala do que poucos máis se atreven: do expolio de Galiza, do esgotado do modelo capitalista, de como recortar prestacións sociais mata…

Rara avis, pero se hai un, ten que haber máis. Polo menos arestora temos este, e podemos votarlle a el e aos seus compañeiros e compañeiras dentro de poucos días. Un merlo branco fronte tanto voitre. E que bico ten!

Publicacións creadas 123

Artigos relacionados

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio