Foto de El Periodico

Foto de El Periodico

– Que non hai calefacción? Toma! Toma! Quentaches xa? Aínda tes collóns de facerme fronte? Pois toma outra!

– Entre carreiras e porrazos ides entrar en calor de vez!

– Non tiñamos bastante e veñen estes mocosos a facer ruído. E logo, a choromicar “Son menor, son menor…” pois se es menor vai medrando! Toma!

– Se tanto frio teñen que queimen algúns deses libros, que non sei para que carallo lles valen!

– Para poñelos diante das porras, miñaxoias!

– De que se queixarán estes desgraciados que teñen de todo!

– E eses do 15-M que vaian tomando nota!

 (posible diálogo entre a Delegada do Goberno e o Xefe Superior de Policia de Valencia ante as recentes imaxes preto do Instituto Lluis Vives)