Bestiario. Empresa dedicada ao deseño de interfaces dixitais de coñecemento – arquitectura da información, que atopei recentemente. Sitio para explorar novas formas de tratar a información que hei de visitar mais polo miúdo. Velaqui o sitio.
Gústame o nome, de sempre, a resoancia medieval pasada pola ollada singular de Kafka.
Teño por ler un libro -gordísimo- de Richard Dawkins que ven sendo un Bestiario da vida na Terra, ‘El cuento del antepasado’. Coma sempre, hai que lle buscar tempo á lectura. O pouco que levo lido enganchoume, a súa orixinal forma de relatar a evolución. É un argumento tal, a evolución, que cando atopa bos narradores -Dawkins semella tal, J.L. Arsuaga éo indiscutiblemente- , o resultado son textos apaixonantes, o relato da aventura da VIDA, así en grande.
E, noutra orde de cousas, para non me poñer tan solemne, a ver se algún día vou subindo eiqui o meu Vestiario, unha escolma de pezas ligadas por fíos … textos téxtiles, diriamos.